Arrinca a campaña de recollida de apoios á ILP “Liberemos a Galega”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Este martes pola tarde na Libraría OZOCOgz arrincaba a campaña de apoios á ILP “Liberemos a Galega”

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A plataforma en defensa dos medios públicos de comunicación, promotora da iniciativa, agrupa 40 colectivos e organizacións do ámbito audiovisual, social, cultural, político e sindical galego.

A Mesa pola Normalización Lingüística, Anova-Irmandade Nacionalista, Asociación de Actores e Actrices de Galicia, Asociación de Escritores en LIngua Galega, Asociación de Gaiteiras Galegas, Asociación de Profesionais da Rama Artística e da Dobraxe de Galicia APRADOGA, Asociación Lucenza Nigrán, Asociación pola Defensa da Ría, Asociación pola Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA), Avante LGTB+, BNG, Comité Intercentros CRTVG, CCOO, CGT, CIG, CUT, Defende a Galega, Erguer, Esculca, Federación Rural Galega (FRUGA), Fundación Luís Tilve, Fundación Moncho Reboiras, InvestiGal-Rede Galega pola Investigación, Mulheres Nacionalistas Galegas, Músicas ao vivo, Plataforma Feminista Galega, Plataforma Queremos Galego, Plataforma SOS Sanidade Pública, Plataforma Veciñal Mina Touro-O PINO NON, PSdeG-PSOE, REDE (Federación Galega de Asociacións de Familiares e Usuarias de Residencias e da Dependencia), Sindicato Ferroviario, Sindicato Labrego Galego, SOS Ficción en Galego, UGTGalicia, Vía Galega.

Coa instalación de mesas en 16 localidades galegas arrincaba esta tarde a campaña de recollida de apoios á ILP “Liberemos a Galega” nas rúas. A numerosa participación nos distintos actos, nomeadamente no convocado en Compostela, dá boa conta de como as galegas e galegos son conscientes do control ao que o PP ten sometidos á TVG e á Radio Galega.

Por iso, fronte á súa utilización como aparellos de propaganda do Executivo, a Plataforma “Por Unha CRTVG ao Servizo do Pobo” defende que se antepoñan os valores de carácter ético e político nos que debe fundamentarse o servizo público, relacionados coas necesidades democráticas, sociais e culturais do noso pobo.

Democratizar a CRTVG

Para a plataforma é urxente a democratización da CRTVG, tanto na súa cobertura informativa, que debe respectar de forma escrupulosa a “obxectividade, imparcialidade, neutralidade, veracidade e o pluralismo, erradicando a manipulación e a cancelación de contidos e profesionais”, como no nomeamento do Consello de Administración e do seu Director ou Directora Xeral.

Para iso proponse que se fagan eses nomeamentos por concurso público, a proposta dun comité de expertos, coa aprobación polos dous terzos do Parlamento, por un período de 5 anos e cunha prórroga máxima por un período de idéntica duración.

A ILP contempla tamén que os nosos medios públicos cumpran o fin para o que naceron: a defensa da nosa identidade, da nosa lingua e da nosa cultura, e a promoción activa da igualdade e da diversidade. Por iso, incide na programación infantil e xuvenil, propoñendo a creación de canles temáticas.

Xunto a isto persegue, ademais, que se garanta que a produción e edición dos informativos sexa realizada por profesionais da propia CRTVG. Aposta por un Estatuto Profesional e pola creación dun Consello de Informativos que salvagarden a calidade, profesionalidade e a independencia dos contidos informativos.