NOTA de PRENSA de PODEMOS

O Círculo de Podemos de O Carballiño remitenos a seguinte Nota de Prensa

Publicidade

Dada a excepcionalidade e a emerxencia sanitaria que se está a dar no noso país, que non é allea  nosa comarca e a nosa vila de O Carballiño, dende o Círculo de Podemos de O Carballiño queremos primeiramente agradecer o esforzo e labor que estes días están a facer o persoal sanitario, os profesionais das tendas de alimentación, farmacias, ópticas, ortopedias, quioscos, veterinarias e ao gremio dos transportistas por ser quenes fan chegar os productos aos distintos puntos de venta no Carballiño e no resto do país.

Tamén agradecerlle aos corpos de seguridade da nosa comarca, Protección Civil, GRUMIR, as

traballadoras do servizo de Axuda ao Fogar, a Cruz Vermella e ao voluntariado que está a participar dos distintos protocolos que se están activando e cumprindo, pola súa labor en estes días tan complicados.

Tamén queremos deixar constancia da nosa total disposición e colaboración para todo aquelo que o Goberno Local estime oportuno. Somos conscientes de que non é momento de facer críticas nin diagnose de si as actuacións dende o grupo de goberno foron acaidas ou tomadas con celeridade e eficacia.

Toca unirse e facer forza conxunta todas as formacións políticas xunto co resto de asociacións civís e a propia veciñanza, para que os efectos da emerxencia sanitaria que estamos a padecer por mor do COVID-19 sexan os mínimos na nosa comarca.

E porque estamos a falar de que está en risco a vida de moita xente, cremos que dende  O Concello de O Carballiño se poden reforzar algunhas medidas xa existentes, e poñer en marcha outras novas.

Deberíanse limitar ao mínimo o traballo das persoas a cargo das empresas concesionarias que non teñan que ver coa cobertura das necesidades básicas da veciñanza do Carballiño.

Tamén dende o Concello terían que implicarse máis para dotar de material as traballadoras da

empresa concesionaria do Axuda ao Fogar, pois nos consta que están prestando o servizo con

material integramente suministrado pola empresa, que lle é insuficiente e que mesmo carecen de recambio de algunhas prendas, como poden ser as batas.

Toca tamén recordar e ser constantes nas medidas que cada veciño e veciña no Carballiño temos que cumplir:

• Evitar as saídas innecesarias do domicilio. Só saír nos casos que se autorizaron: para buscar

alimentos, productos de primeira necesidade, menciñas, sacar as mascotas para que fagan as

súas necesidades, coidado de persoas dependentes, etc;

• Limitar o uso do transporte público;

• Lavar as máns frecuentemente e evitar tocarse a faciana;

• Usar luvas e mascarilla nos casos que sexan precisos (por exemplo ao ir comprar);

• Manter as distancias de seguridade con outras persoas;

Facemos estas propostas de xeito construtivo e estamos orgullos@s da xente do Carballiño, pois en situacións difíciles sempre demostran o seu compromiso e solidariedade.

Toca pois, actuar comprometida e solidariamente, pois o ben de todas depende da responsabilidade de cada unha de nos.

Moitas grazas a todas.