As Xociviga recibiron 1.000 traballos de todo o mundo para o concurso de curtametraxes

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Un total de 1.000 pezas audiovisuais recibidas de diferentes países do mundo serán seleccionadas pola organización das Xornadas de Cine e Vídeo en Galicia do Carballiño (Xociviga) para participar no concurso de curtametraxes e as proxeccións que serán ofrecidas entre os días 20 e 24 de novembro no Auditorio Manuel María. O novo formato deste evento, que cumpre 40 anos, foi presentado hoxe na Casa do Concello polo concelleiro de Cultura, Diego Fernández, e os irmáns Daniel e Mario Filloy, que se encargan da programación e producción. O edil apuntou que “O Carballiño xa está a ser nestes días un referente da fotografía e do teatro amador a nivel galego, e no vindeiro mes de novembro o será a nivel internacional coa celebración das Xociviga”. Diego Fernández quixo agradecer “aos directores e profesorado dos centros de ensino da vila a súa colaboración e implicación para que o estudantado sexa partícipe destas xornadas”.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Pola súa banda, Mario Filloy referíuse ao cartaz desta nova edición, no que se refrexa o orixinal de 1984 que marcou o punto de partida das Xociviga, á vez que anunciou as diferentes sección da concurso. A competición internacional do certame é ‘Xentes’, que estará formada por 4 curtas galegas (Xentes de aquí) e 18 curtas non galegas (Xentes de acolá), que serán seleccionadas por un xurado profesional, que entregará o premio a Mellor Curtametraxe e a Mellor Curtametraxe Galega. A competición de curtas nacionais, ‘Xénese’, realizadas por directores e directoras noveles menores de 30 anos, que serán valoradas por un xurado novo e a correspondente entrega do premio a Mellor Curtametraxe Xénese. Tamén haberá outro concurso de vídeos musicais galegos, ‘Vídeoclips’, que se realizará a través das redes sociais, otorgándose o premio por votación popular. Finalmente, ‘Xermolar’ será unha sección non competitiva de curtas infantís de todo o mundo, con proxeccións para centros de ensino primario e abertas ao público.

Daniel Filloy destacou, pola súa banda, o feito de que nas últimas edicións das Xociviga “víñanse recibindo de 30 a 50 curtametraxes para concursar, mentres este ano chegaron preto de 1.000 de 39 países diferentes, dos cales seleccionaremos ao redor de 40 traballos, alguns deles procedentes dos Festivais de Cannes e Venecia, da Berlinale,  e do Festival Internacional de Cine de Animación de Annecy, entre outros, de xeito nas Xociviga teremos 23 estreas en Galicia”.