O pleno do Concello de Ribadavia aproba un plan de axuste para saldar facturas pendentes por 309.890 €

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO
  • No que vai de mandato, o goberno local pagou 270 facturas que procedían do período anterior, por un montante de case 482 mil euros e a maioría a provedores locais

Ribadavia, 23 de outubro de 2024.-

O Concello de Ribadavia deu un novo paso cara á estabilidade financeira ao aprobar hoxe nun pleno extraordinario un plan de axuste que permitirá acollerse ao Plan de Pago a Provedores do Estado. Esta medida saiu adiante cos votos favorables do grupo de goberno (PP), a abstención do PSOE e os votos en contra de BNG.

A aprobación deste plan facilitará a concertación dun préstamo, a través do Instituto de Crédito Oficial (ICO), por valor de 309.890,12 €, destinado ao pago de facturas pendentes con provedores, todas anteriores ao 31 de marzo de 2024.

Con esta operación, e tras ano e medio de mandato, o actual goberno local terá saldado débedas a provedores por un total de 481.860 €, xa que en maio deste ano aprobouse unha modificación de crédito por importe de 171.970,12 € que permitiu avanzar no pago da primeira remesa de facturas non recoñecidas, correspondentes aquelas ao ano 2022.

Neste momento, non queda ningunha factura pendente anterior ao 31 de marzo deste ano, o que reflicte un importante avance na xestión financeira municipal.

César Fernández, alcalde de Ribadavia: “Un Concello con contas saneadas será un Concello máis forte”

O alcalde destacou a importancia deste plan para a saúde económica do Concello e o beneficio directo que suporá para os provedores locais. “Era imprescindible saldar as débedas que arrastraba o Concello para poder sanear as nosas contas. Isto non só nos permite pagar aos provedores en prazos máis curtos, senón que, unha vez as contas estean equilibradas, teremos maior liquidez para destinar aos servizos que ofrecemos aos nosos veciños e veciñas”, sinalou.

O alcalde tamén puxo en valor o impacto positivo desta medida no tecido empresarial local: “Cando cumprimos cos nososcompromisos de pago, estamos apoiando directamente ás empresas da zona, que en moitos casos dependen destes ingresos para manter a súa actividade”.

270 facturas, a maioría de provedores locais

O 75% das 270 facturas que se pagarán tras o acordo de hoxe corresponden a pre- vedores locais, o mesmo que ocorreu coas saldadas en maio. Coa operación aprobada en aquel momento, pagáronse 89 facturas non recoñecidas. Agora, coa execución

do plan de axuste e o préstamo asociado, saldaranse 181 facturas pendentes, sen contar as de consumo eléctrico, que se contan por centos.