Unha delegación comercial de expertos europeos visitou viñedos e adegas da D.O. Ribeiro

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O Consello Regulador da D.O. Ribeiro organizou esta semana a visita dunha delegación internacional de importadores e compradores de Alemania, Países Baixos e Polonia. Participaron nela un total de 10 expertos, representantes das empresas alemanas Wein und Vinos, Staaden, Bertram & Perbellini e Brot&Wein; as holandesas Poot Agenturen, Cuimed, Diamond e Quixote, e as compañías polacas Dekanter y Frozo. O intenso programa incluíu a visita a seis adegas, con cata dos seus viños máis representativos nas súas instalacións, tras percorrer os seus viñedos. Casal de Armán, Viños de Encostas, Viña Meín-Emilo Rojo, Alanís, Coto de Gomariz e Pazo de Toubes/Viña Costeira foron as empresas visitadas, tendo así os participantes a oportunidade de coñecer diferentes adegas e os seus proxectos.

Asemade, tamén participaron nunha sesión de “speedtastings” ou catas rápidas, onde outras cinco adegas fixeron a súa presentación no curto espazo de tempo de media hora, para que os invitados poideran levar un maior idea dos produtos vinícolas da zona. Concretamente, as adegas foron Pedro Villamarín Vinos, Terra do Castelo, Pablo Vidal Vinos con Personalidad, Cunqueiro e Bodega Siah, para rematar cunha cea armonizada con produtos gastronómicos galegos de calidade.

A presidenta do Consello Regulador, Concha Iglesias, subliñou que “temos a certeza de que, con este tipo de accións, que poidemos levar a cabo grazas ao apoio da Deputación de Ourense e do IGAPE, os profesionais pódense mergullar de cheo na nosa Denominación de Orixe, facéndose así unha completa idea de todo o que conforma, para así fidelizar ou incrementar a cuota de mercado dos nosos viños nos seus países”.