O CISPAC presenta a súa actividade cunhas xornadas internacionais de diálogo para a transferencia en transición ambiental

O Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais (CISPAC) celebrará unhas xornadas centradas nas paisaxes atlánticas resilientes en transición ambiental. O centro, ao que se incorporaron no mes de xuño máis de 80 investigadores e investigadoras das tres universidades galegas, protagonizará este espazo de encontro no Edificio Fontán, na Cidade da Cultura, entre os días de 19 e 21 de outubro. O evento desenvolverase en cinco sesións que combinarán conferencias maxistrais con mesas redondas de diálogo. 

O CISPAC pretende ser referente no panorama internacional das humanidades e das ciencias sociais, abordando un estudo transdisciplinar a través de cinco campos de traballo: paisaxes que teñen xente, paisaxes que producen, paisaxes gobernadas, paisaxes que teñen patrimonio e paisaxes visitadas. 

AVANTAR ACTIVIDADES

Na inauguración das xornadas participarán o Ministro de Universidades Joan Subirats Humet, o Reitor da Universidade de Santiago de Compostela Antonio López Díaz e o Reitor da Universidade da Coruña Julio Abalde Alonso

Nas xornadas trataranse asuntos relacionados coa demografía, a transición ambiental, o patrimonio atlántico ou a globalización. Estarán compostas por persoal investigador de universidades internacionais, como a intervención de Saskia Sassen, socióloga da Columbia University e premiada co Príncipe de Asturias no ano 2013. Haberá tamén representación do Instituto Universitario di Firenze, da Universitat de Barcelona ou da Universidade de Lisboa, entre outras.