O alcalde de Melón destaca o traballo do grupo socialista na Deputación para acadar un financiamento municipal “que nunca antes se tiña conseguido”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

“Antes do CooperOu aprobado grazas aos socialistas só existían os plans provinciais, dos que non podíamos saír, mentres que agora somos quen de levar a guía do que facemos”, sinala Emilio Díaz

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Para o alcalde de Melón, “dispoñemos de máis recursos, podemos planificar e organizar as demandas da veciñanza e agora tamén licitamos as obras, implentando proxectos con moita máis eficacia”

Melón, 4 de novembro de 2024. Deputadas e deputados do Grupo Socialista na Deputación visitaron Melón onde, acompañados do seu alcalde, Emilio Luís Díaz, deron conta do impacto positivo do plan único de reparto de fondos entre concellos (CooperOu) impulsado polo PSdeG-PSOE.

“Grazas ao traballo do Grupo Socialista na Deputación con cello de Melón conseguiu unha aportación económica que nunca antes se tiña conseguido”, salientou Díaz, quen tamén ocupa un escano na Corporación Provincial pola comarca do Ribeiro.

Explica o rexedor de Melón como “antes (do CooperOu) só existían os plans provinciais, que eran insuficientes, e dos que non podíamos saír, sen marxe de manobra, mentres que agora somos quen de planificar e levar nós guía do que facemos ao longo do ano”.

Máis recursos e capacidade de organización

Para Díaz, “dispoñemos de máis recursos, podemos planificar e organizar as urxencias e demandas da veciñanza e, ademais, agora mesmo somos nós quen licitamos as obras, o cal nos permite levar a cabo os proxectos que realmente precisa o concello con moita máis eficacia”.

O concello de Melón percibía 77.000 euros anuais até a aprobación do CooperOu. Trala aprobación do novo mecanismo de financiación pasou a recibir máis do dobre de recursos que, tralas modificacións de crédito impulsadas polos socialistas en outubro de 2023, abril de 2024 e outubro deste mesmo ano, eleváronse a máis de 315.000 euros.

“Conseguir unha asignación estable, previsible, a principios de ano, baseada en criterios obxectivos era unha vella aspiración dos concellos socialistas”, salienta Díez desde a praza de Vilaverde de Melón, lugar emblemático e estratéxico para a veciñanza, que está a ser arranxada precisamente con fondos do CooperOu.