Expourense acolle esta fin de semana ‘Antiq Auria’, a Feira Internacional de Antigüidades

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Expourense acolle esta fin de semana a oitava edición de ‘Antiq Auria’, Feira Internacional de Antigúidades, que reunirá a 42 expositores procedentes de cinco países (España, Portugal, Bélxica, Suiza e Francia), que presentarán máis de 20.000 obxectos. Según os seus organizadores, a Asociación “Memoria Antiga” de Ourense, ‘Antiq Auria’ converteuse xa “na mellor feira de antigüidades de Galicia e unha das mellores do noroeste peninsular, porque así nolo din tanto os expositores coma os visitantes”. Expourense colabora un ano máis con esta entidade de empresarios anticuarios da provincia ourensá na posta en marcha deste evento, que conta tamén co apoio da Deputación Provincial de Ourense.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A 8ª edición de ‘Antiq Auria’ foi presentada esta mañá no recinto de Expourense nun acto no que participaron Manuel Pardo, delegado territorial da Xunta e presidente do comité executivo de Expourense; Rosendo Fernández, deputado de Representación Institucional da Deputación; Rogelio Martínez, director xerente de Expourense, e, representando á Memoria Antiga, o seu cofundador, José Antonio Ferreiro, e o empresario asociado Celso Araújo. Participan nesta feira expositores procedentes de varios puntos de España e Portugal (un 25% deles veñen do país veciño) e tamén de Bélxica, Suiza e Francia. Sobre esta edición destacaron a presenza por vez primeira de expositores de referencia que participan nos mercados de antigüidades máis importantes de Europa, que son os do sur de Francia, coma é o caso de Montpellier, Avignon ou Beziers.

Dende Memoria Antiga destacan a importancia da provincia de Ourense no mercado nacional de antigüidades, xa que un 25% dos expositores desta edición son empresas ourensás, entre as que destacan algunhas como “Arte y Decoración Atlante”, que xa son auténticos referentes en toda a península pola variedade e calidade das súas pezas. O obxectivo de ‘Antiq Auria’ é “poñe en valor o antigo e que a xente conserve e lle tome cariño ás cousas vellas, porque son parte da súa historia”, apuntan dende a organización. Asemade de punto de venda, esta feira tamén ofrece a oportunidade aos visitantes de tasar e vender aqueles obxectos antigos que tengan nos seus fogares.

‘Antiq Auria’ propón unha viaxe ao pasado dende o máis lonxano (séculos XVIII e XIX) ata os anos 80 e 90 do século XX, con miles de obxectos de pequeno e gran formato, coma xoguetes, teléfonos, reloxos, mobles, xoias, utensilios de prata ou porcelanas. Na sección de coleccionismo poderase atopar numismática, filatelia, obxectos militares ou relixiosos, mentres haberá tamén unha área reservada para afeccionados ao ‘vintage’ do século XX, que se converteron nunha moda e nun referente á hora de decorar fogares ou negocios, de xeito que, nesta oitava edición, confíase en superar a cifra de 2.500 visitas rexistradas na anterior.

Os horarios de apertura previstos serán de 16,30 a 21,00 horas o venres, 8 de novembro, mentres o sábado 9 e o domingo 10 estarán comprendidos entre as 10,00 e as 14,00 horas e de 16,30 a 21,00 horas, cun coste de 3 euros para o acceso, que será gratuíto para menores de 12 anos. Na xornada dominical repetirase a “gran subasta”, que dará comezo ás 12,00 horas, na que cada expositor cederá un obxecto cun prezo de saída de cinco euros para que o público poida puxar.