O Concello do Carballiño vén de anunciar as bases do concurso para a concesión en réxime de concorrencia competitiva de subvencións a asociacións e institucións culturais do municipio do Carballiño, destinadas á realización de actividades culturais e de animación sociocultural para o ano 2024. Poderán optar as asociacións e institucións culturais legalmente constituídas, sen ánimo de lucro, con domicilio social no Carballiño e inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións, ó menos cunha antigüidade mínima de seis meses. O importe total asinado no orzamento municipal ascende a 6.000 euros, tendo en conta que a axuda máxima por beneficiario será de 3.000 euros. Estas axudas serán compatibles con outras para o mesmo fin, sempre que o importe total de todas as subvencións non supero o investimento do 100% previsto para as actividades obxecto da subvención. As entidades interesadas poden presentar as súas correspondentes solicitudes de subvención no rexistro municipal a partir de hoxe e durante o prazo dun mes.