Comezou a Fase Cero

IES CHAMOSO LAMAS

HOXE COMEZAMOS A FASE 0 OU FASE DE PREPARACIÓN ONDE O MAIS DESTACADO É A APERTURA DE COMERCIOS MINORISTAS E PERRUQUERÍAS CON CITA PREVIA

VIDEO

O CAMPO DA FEIRA NON SE PECHA

Os clientes de bares e restaurantes poderán recoller as súas encargas no propio establecemento. No caso dos comercios, como decíamos, autorízase a súa apertura a aqueles que teñan unha superficie menor de 400 m2, limitando o aforo ao 30%, garantindo a distancia mínima de dous metros entre clientes ou cun só dentro do local e con cita previa para facer a compra. Teñen que establecer un horario de atención con servizo prioritario para maiores de 65 anos.

Durante estes días non todos os comercios, nin moito menos, abrirán as súas portas, moitos aproveitarán para poñerse ao día e preparar os seus establecementos e o persoal coas medidas de protección e hixiene adecuadas así como de información ao consumidor, e retrasarán a súa apertura ata o 11 de maio cando se prevee que de comezo a fase 1.

Os establecementos e locais que abran ao público terán que realizar, polo menos dúas veces ao día unha limpeza e desinfección das instalacións e mobles.

-O uso de máscaras será obrigatorio cando non poida garantirse a distancia de seguridade interpersoal de aproximadamente dous metros entre o traballador e o cliente ou entre os propios traballadores.

-Os establecementos e locais deberán poñer ao dispor do público dispensadores de xeles hidroalcohólicos.

PARA FACILITAR ESAS DÚBIDAS E QUE TODOS OS COMERCIANTES TEÑAN CLARAS AS MEDIDAS QUE TEÑEN QUE ADOPTAR, A XUNTA DISTRIBUE MATERIAL ESPECÍFICO CON RECOMENDACIÓNS PREVENTIVAS ANTE A APERTURA DO COMERCIO

A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia ( Issga), elaborou e distribuíu aos sectores produtivos material específico con recomendacións para a prevención #ante o coronavirus no comercio debido a súa reapertura a partir de hoxe, con cita previa.

A documentación, acordada nos últimos días co sector, recolle medidas a ter en conta antes de ir traballar, como non acudir en caso de febre ou síntomas respiratorios. Tamén se incide na distancia de seguridade que deberá ser de dous metros entre clientes, produtos e persoal, controlar o aforo mediante cita previa, e indicando un horario de atención preferente a maiores de 65 anos.

En canto á hixiene e limpeza faise fincapé no lavado frecuente de mans, evitar tocar nariz, ollos e boca, cubrir as vías respiratorias cun pano desechable ao toser ou esbirrar, así como limpar e desinfectar espazos frecuentemente (mostradores, pomos, probadores…),.

Tamén se recollen medidas organizativas como a sinalización no chan das distancias e camiños, e fomentar o pago por medios electrónicos así como o comercio online. O Goberno galego insiste tamén na importancia de adquirir material recomendado polas autoridades sanitarias, entre o que non se atopa o ozono.