Nota do Bng de Leiro sobre a ponte da Esperela

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Levamos xa un mes ca ponte da Esperela pechada por mor das obras, dende o
noso grupo político, pensamos que é unha obra interesante, cunha gran inversión e que ía supoñer un beneficio para o pobo e o seu patrimonio. No último pleno, o alcalde,
comentou que sería dunha duración dun mes, o cal parecía un esforzo máis que
suficiente para asumir polos veciños de Leiro. En cambio, nas últimas declaracións fala
xa de 3 meses, o cal parécenos un período de tempo máis que excesivo polo que, como
rexidor, debería esixir á empresa concesionaria unha reducción do mesmo.
Entendemos o enfado dos veciños, ademáis do noso mesmo, porque estamos
diante dunha obra cun presuposto de 370.000€, na que solo conta traballando, case
tódolos días, con 2 ou 3 operarios e NON se ve un avance importante na mesma. Son
horas de que o alcalde esixa unha implicación de maiores medios a dita empresa para
que a obra acabe o máis rápido posible e que ésta non se eternice.
Vemos tamén unha mala planificación da mesma, ¿por qué non se estudiou o peche
particial da ponte? permitindo o paso aínda que sexa nun sentido ou ¿por qué tódalas
tarde ou fins de semana, xa que non traballan, non se permite o paso por ela? Serían
menos viaxes, con rodeo, que darían os veciños. Hai que buscar solucións xa e non
sempre estancarse no conformismo!
Gustaríanos destacar, que este corte, está incrementando o paso de vehículos pola
Ponte San Clodio, que é un BIC, a cal a este ritmo en 3 meses pode chegar a sufrir
importantes deterioros.
Por todo isto, pensamos que é URXENTE que o alcalde se implique e pida o
avance rápido destas obras, así como a APERTURA da Ponte. Non pode ser a única
preocupación que pasen as carrozas para a festa da vendima, cando esto está
provocando un trastorno para toda a veciñanza. QUEREMOS SOLUCIÓNS XA!!!