O Concello do Carballiño publica as bases da convocatoria do ‘XL Premio Antón Losada Diéguez’

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

As bases da convocatoria dunha nova edición do Premio Antón Losada Diéguez foron publicadas onte no B.O.P. polo Concello do Carballiño, ao que lle corresponde no vindeiro ano a quenda da súa organización, de xeito que xa a partir de hoxe escritores, investigadores e editorais xa poden remitir os seus traballos ao rexistro municipal ata o 31 de xaneito de 2025. O certame, que acada a súa 40ª edición, está dotado cunha cantidade total de 12.000 € para premiar dúas obras xa publicadas, unha delas no eido da creación literaria e a outra no eido da investigación e ensaio, de xeito que cada unha delas recibirá 6.000 €. Os concellos do Carballiño e Boborás aportan 3.000 euros cada un, mentres a Deputación Provincial de Ourense achega os 6.000 euros restantes.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A participación no certame está aberta a tódolos autores que se axusten aos requisitos expostos nas bases, téndose en conta especialmente que “a lingua na que se editen as obras será a propia do orixinal, que inescusablemente estará escrito en lingua galega. Non será considerado ningún tipo de obras traducidas de orixinais publicados inicialmente en calquera outra lingua”.ento de concesión e entrega do Premio A entrega oficial do Premio “Antón Losada Diéguez na súa cuadraxésima edición, aos autores das obras galardoadas, tanto en creación literaria coma en investigación e ensaio, farase o día 14 de xuño de 2025, e terá lugar no transcurso dun acto literario que se celebrará no Pazo de Moldes, no municipio de Boborás, onde naceu e viviu o ilustre Antón Losada Diéguez.