Os alcaldes do Pacto de Pedre elevan a Madrid as reivindicacións e solicitan reunións co ministro Óscar Puente e cos grupos políticos no Congreso e o Senado

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Desde o 12 de xuño que solicitaron a primeira entrevista, están á espera de que os reciba o Delegado do Goberno en Galicia

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

  • Pretenden entrevistarse co director xeral de Estratexias de Mobilidade, José Alfonso Gálvez e trasladarlles as súas demandas

6 de novembro de 2024.- Os alcaldes do Pacto de Pedre retomaron a súa actividade reivindicativa cunha xuntanza realizada no edificio administrativo do Concello de Cerdedo-Cotobade, en Cerdedo, á que asistiron rexidores e representantes dos concellos de Boborás, Beariz, Punxín, O Irixo, Maside e Cerdedo-Cotobade, o do Carballiño disculpou a súa presenza.

No transcurso da xuntanza os representantes municipais decidiron avanzar o seu proceso reivindicativo da mellora integral da estrada nacional N-541, entre Pontevedra e Ourense, e trasladar as súas peticións de entrevista e reunións á Madrid, concretamente ao ministro de Transportes e Mobilidade Sostible, Óscar Puente, e ao director xeral de Estratexias de Mobilidade, José Alfonso Gálvez, así como aos distintos grupos políticos galegos con representación no Congreso de Deputados e no Senado.

Por outra banda, os alcaldes e representantes municipais seguen á espera, desde o 12 de xuño, a que o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, lles confirme a data e hora para poder manter unha xuntanza con el co fin de facerlle chegar de xeito directo e “desde o máximo respecto institucional” as reivindicacións dos alcaldes do Pacto de Pedre. As

reiteradas peticións de entrevista seguen sen ser contestadas, a última feita no mesmo día de hoxe momentos antes de se producir a reunión dos alcaldes e representantes municipais do Pacto de Pedre.

Asimismo, os representantes municipais deron a benvida ás actuacións sectoriais que se están a realizar na N-541, pero consideran necesaria que se faga unha planificación real, pormenorizada e calendada no tempo dunha actuación de mellora integral de todo o trazado da estrada nacional entre Pontevedra e Ourense.