O Psdeg-Psoe de Viana esíxe ao goberno local que cumpra cos acordos plenarios e inste a Deputación a reapertura “inmediata” da oficina de recadación no municipio

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

As e os socialistas consideran que “non se pode dilatar máis dita apertura” e denuncian a “inoperancia e desidia” do PP, que tras aprobarse dúas mocións neste senso, decidiu optar por deixar este asunto no “caixón do esquecemento”

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Dende o grupo municipal socialista presentarán unha nova moción no pleno que se celebrará o vindeiro 21 de novembro no que instan a reapertura da oficina de recadación “sen máis dilación”

Germán García-Ávila afirma que a situación “segue igual a día de hoxe coa oficina pechada a cal e canto” e denuncia o “incumprimento flagrante dos acordos plenarios por parte do goberno local do PP”

Viana do Bolo, 14 de novembro de 2024. O PSdeG-PSOE de Viana do Bolo insta ao goberno municipal do Partido Popular a que se cumpran cos acordos plenarios e se atendan as dúas mocións presentadas polos socialistas, e aprobadas en pleno, para a reapertura “inmediata” da oficina de recadación que a Deputación tiña aberta no municipio. As e os socialistas consideran que “non se pode dilatar máis dita apertura” e denuncian a “inoperancia e desidia” do PP, que tras aprobarse dúas mocións neste senso, decidiu optar por deixar este asunto no “caixón do esquecemento”.

Dende o grupo municipal socialista presentarán unha nova moción no pleno que se celebrará o vindeiro 21 de novembro no que instan a reapertura da oficina de recadación “sen máis dilación”. Na proposta solicitan que se lle faga saber a Deputación a vontade do concello para negociar un novo convenio, esixindo coma condición sine qua non, a reapertura da oficina de recadación de maneira “permanente e abríndose ao estudo de certa flexibilidade”. Asemade tamén piden que neste novo convenio o concello manifeste que se recolla a posibilidade de “ceder a tramitación do cobro das taxas que se establezan, así como as sancións por incumprimentos”.

As e os socialistas lembran que o convenio de cesión de recadación de impostos municipais foi aprobado en sesión plenaria en decembro de 2008 e dende entón a empresa que viña prestando este servizo mantiña aberta unha oficina de atención á veciñanza en Viana, “ata que a comezos do 2023, a Deputación decidiu o seu peche”. Ante esta situación o PSOE vianés presentou unha moción en novembro de 2023 solicitando a reapertura, sendo aprobada a mesma. Petición que ante a falla de avances volveron a presentar en xullo de 2024, sendo novamente aprobada.

Tal e como apunta o voceiro do PSdeG-PSOE en Viana do Bolo, Germán García-Ávila Arias, “a situación segue igual a día de hoxe, coa oficina pechada a cal e canto, ocasionando un grave prexuízo á veciñanza”. O edil socialista denuncia o “incumprimento flagrante dos acordos plenarios” e lémbralle ao PP que o pleno “é o órgano de máxima representación da vontade da veciñanza, aínda que pareza que para o goberno municipal non serve de nada”.

En relación ao convenio de cesión da recadación de impostos á Deputación, o voceiro socialista lembra que “tiña unha vixencia ata o ano 2013, prorrogándose tacitamente cada 5 anos, finalizando a súa vixencia actual o 31 de xullo de 2025”. García-Ávila destaca que “nunha poboación tan envellecida como a de Viana do Bolo, non é de recibo que se peche esta oficina”, motivo polo que esixe a apertura “inmediata” e insta ao concello e Deputación a amosar “sensibilidade cara a veciñanza, facilitando, que de maneira presencial, poidan arranxar os problemas que se lle presentan”.

Dende o PSdeG-PSOE de Viana do Bolo tamén apuntan a que o alcalde “faltou a verdade cando afirmou que a renovación do convenio era ano a ano”, algo que quedou demostrado en pleno que “non era certo”. Neste senso tamén apuntan a que o voceiro do BNG “tamén faltou a verdade ao afirmar que o convenio recollía a obrigatoriedade de manter aberta a oficina de recadación, algo que tampouco era certo”.

Por último, dende o grupo municipal socialista vianés poñen de manifesto que en caso de que na negociación do novo convenio coa Deputación non se vexan satisfeitas as demandas e necesidades que presenta o concello, se dea comezo á elaboración dunha folla de condicións para sacar a licitación o servizo de recadación de impostos, co fin de que poidan concursar, en libre competencia, as diferentes empresas do sector.