O 15º Salón do Automóbil superou nesta fin de semana as vendas realizadas o ano pasado

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O 15º Salón do Automóbil pechou onte as súas portas en Expourense superando as operacións comerciais rexistradas na pasada edición, ao contabilizar un total de 113 vehículos vendidos sobre os 107 de 2023. Unha feira na que participaron 16 concesionarios oficiais da provincia de Ourense pertencentes á Asociación de Concesionarios de Automóbiles (ACAUTO). Facendo un percorrido polos 300 vehículos novos que se expuxeron esta fin de semana, resulta evidente a imposición do vehículo eléctrico, tanto ao 100% como de motorización híbrida, é máis, exponen por primeira vez marcas, como é o caso de Leap Motor, que fabrican en exclusiva coches eléctricos. Tamén son eléctricas a meirande parte das 37 novidades presentadas polos expositores e onde destacan modelos que celebran o seu aniversario como el 50º aniversario do Volkswagen Golf ou os 40 do Seat Ibiza, por poñer exemplos.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Dende ACAUTO indican que o mercado da automoción estase recuperando e aumentando progresivamente as vendas ao redor dun 10% con respecto ao 2023 e destacando sobre todo o auxe do sector dos coches eléctricos, cuxas vendas aumentaron un 29% dende o último ano. Ata o 30 de setembro vendéronse na provincia de Ourense 1.283 coche eléctricos. Entre as dúas citas, novo e de ocasión (que terá lugar a vindeira fin de semana) expóñense 660 vehículos entre novos e de ocasión. Entre os vehículos novos expostos neste primeiro salón podíanse atopar coches de todos as gamas e motorizacións destacando sobre todo a oferta en microhíbridos, híbridos, híbridos enchufables e eléctricos 100%. Os prezos oscilan entre os 11.900 euros do Leap Motor T03 e os 180.790 euros do Porsche 911 Carrera 290 KW. Os concesionarios ofrecen descontos especiais en feira que poden chegar ata os 10.000 euros Cada concesionario ofrece ademais as súas propias condicións de financiamiento e novos formatos de compra que inclúen o pago de taxas mensuais polo uso dun vehículo.

Tanto dende ACAUTO como dende Expourense indícase que estas dúas citas son unha magnífica oportunidade (por calidade, cantidade, variedade e prezos especiais en feira) para aqueles que buscan un coche novo. Como incentivo para animar aos visitantes a axilizar o proceso de decisión, a organización volve sortear, entre os visitantes que pechen a compra dun automóbil novo ou de ocasión, un cheque regalo por importe de 6.000 euros a descontar do prezo de compra do vehículo adquirido.