O Concello do Carballiño preparou unha ampla programación de actividades para o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, que se extenderá do 24 de novembro ata o 11 de decembro, coa organización da área de Servizos Sociais. O programa foi presentado hoxe por Silvia Baranda, concelleira responsable deste departamento. Entre as iniciativas, destaca a realización dunha ‘perfomance’, que co título “Saír correndo” sairá da praza da Veracruz para percorrer as rúas da vila ata a Praza Maior, coa participación dos grupos de teatro Agromar, Dar Trela e Universidade Laboral e con acompañamento musical.
O venres, día 29, celebrarase no salón de plenos do Consistorio un acto institucional e reivindicativo, presentado por Chus Ogando, e no que a concelleira Silvia Baranda dará lectura a un manifesto e estudantes, profesorado e representantes dos centros de ensino, asociacións veciñais e os colectivos Cruz Vermella, Aspadisi e Asdifica tamén aportarán a súa visión en contra da violencia de xénero. Outra iniciativa é a organización dun obradoiro de biale terapéutico no Auditorio municipal, tódolos mércores, de 18,30 a 20,00 horas, co obxectivo de fomentar a liberación sicosomática e emocional, a autoestima e a seguridade, mediante o movemento corporal e a música. Cun total de 25 prazas ,as persoas interesadas poden inscribirse a partir de mañá ,martes, no teléfono 988.531.076 ou no correo cim@carballino.gal.
O programa completarase o mércores, 27 de novembro, cunha charla no IES Nº1 a cargo de María Angélica Mercado Torres, especialista universitaria en estudios de xénero e política de igualdade. Esta conferencia está patrocinada pola Consellería de Política Social e a Fegamp. Finalmente, o mércores 11 de decembro, reunirase na Casa do Concello a Mesa de Coordinación para a ,mellora da atención ás vítimas de violencia de xénero, e na que están integrados axentes da Garda Civil e da Policía Local.