O elenco e o equipo técnico da curtametraxe “As mans da pulpeira” trasladáronse hoxe dende o campo da Saleta ata o casco histórico de Ribadavia para continuar a filmación desta historia ideada polo guión de Duarte Caseiro e que dirixe Silvia Cachafeiro, na que se pón en valor o traballo e a sororidade das pulpeiras de Arcos, coa producción de Matriuska Producciones, empresa responsable doutros filmes rodados en Galicia coma é o caso da galardoada “Matria” o ano pasado. Concretamente, artistas, extras e figurantes estiveron rodando ao longo da mañá na mítica taberna de ‘O Papuxa’, onde recibiron a visita de Jacobo Sutil, director da Axencia Galega de Industrias Culturais (Agadic) da Xunta de Galicia, que estivo acompañado polo alcalde ribadaviense e deputado provincial de Cultura, César Fernández; a alcadesa de Bobobrás, Patricia Torres, e o concelleiro de Cultura do Carballiño, Diego Fernández.
O director da Agadic valorou o feito de que a rodaxe se leve a cabo no casco histórico de Ribadavia e amosou a disposición da Xunta a seguir apoiando económicamente as creacións audiovisuais en Galicia. Pola súa banda, César Fernández destacou a contribución da Deputación Provincial de Ourense a esta producción sobre a figura das pulpeiras e a maridaxe entre o pulpo e o viño do Ribeiro. Diego Fernández manifestou “o orgullo que supón para o Concello do Carballiño esta historia sobre as pulpeiras coma refente e que ten a súa repercusión a nivel cultural e tamén turístico”. Patricia Torres lembrou o paso da filmación da curta por Boborás, “un concello que xa se converteu nun plató cinematográfico, xa que alí tamén se gravou A Esmorga”.
A protagonista da trama é Concha, “unha muller moi traballadora cun marido que sempre a está a meter en problemas; unha moi boa muller, pero que non se anda con parvadas se xogas co seu pan, porque ten fillos na casa”, según se recolle no resumo argumental. As pulpeiras de Arcos son as verdadeiras estrelas desta historia, “coa que se pretende render homenaxe á muller traballadora galega, e, en especial, á sororidade que existe entre elas e que se rerexa na trama”, tal e como expresou o propio guionista, Duarte Caseiro.
O proxecto desta curtametraxe, que finalmente terá unha duración aproximada de 20 minutos, conta con financiamento por parte do Ministerio de Cultura, a Agadic e a Deputación Provincial de Ourense, e tra-lo proceso de postproducción podería estar nas pantallas antes da primavera do vindeiro ano 2025 e con expectativas de participación nos principais festivais nacionais e internaciones de cine e a súa distribución en salas de proxección e plataformas dixitais. A rodaxe de “As mans da pulpeira” rematará mañá na localidade de San Cristovo de Cea.