O Premio Tiruleque do festival foi para a Aula de Teatro da Universidad de Vigo

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A Aula de Teatro da Universidade de Vigo – Campus de Vigo acadou o Premio Tiruleque nesta 17ª edición da Mostra de Teatro Amador ‘Terras de Orcellón’ pola representación de “Soño dunha noite de verán”, dirixida por Casilda Alfaro e Sonia Rúa e cun elenco formado por Andrea Busto Castiñeira, Antón Abal Rúa, Aroa Blanco Escanciano, Azael Durán Alonso, Cecilia Jiménez López, Juan Diego Comesaña Lorenzo, Laura Alonso Estévez, Laura Pousada Barrio, Lidia Gutiérrez Marín, Maria Luísa Fernández Arrabal, Miguel Rodríguez Carretero, Natalia Sías Paramos, Sofía Fernández Cidrás e Yerai Orts Covelo. Dende a organización desexan “Noraboa á universidade en particular e a tódolos participantes que nos trouxeron un máxico espectáculo ao Carballiño”.