Tiruleque amplía o prazo de presentación de obras para a Mostra ata o día 15 de xuño

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O Grupo de Teatro Tiruleque acordou ampliar o prazo para solicitar a participación na Mostra de Teatro Amador “Terras do Orcellón”, da data inicial do 1 de xuño ao día 15 de xuño.

Na presente edición as actuacións ábrense a dúas modalidades diferentes: unha xa tradicional de espectáculo único, e unha nova sección para obras de microteatro. Cada grupo seleccionado para as obras tradicionais percibirán cincocentos cincuenta euros pola súa actuación, e os socios da Federación Galega de Teatro Afeccionado setecentos euros. Cada grupo seleccionado para as obras de microteatro percibirán a cantidade de douscentos cincuenta euros pola súa actuación.

O domingo día 17 no San Amaro: I Mercadillo de Primavera ----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Son requisitos imprescindibles que as obras estean interpretadas no idioma galego, que as de formato tradicional teñan unha duración mínima de 60 minutos, e de 90 minutos como máximo e as de microteatro entre 15 e 20 minutos e que os grupos participantes sexan afeccionados.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------