O Psdeg-Psoe de Lobios denuncia a reforma dun parque infantil cunha cuberta que se derrubou aos dous días do remate da obra

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

As e os socialistas critican que a alcaldesa pretende vender como cuberta para evitar a choiva, unhas lonas “mal postas” e que non van a evitar que as crianzas do municipio se mollen en caso de mal tempo

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Patrick Rodríguez subliña que “namentres noutros concellos veciños coma Muíños ou Bande se realizan cubertas en parques infantís correctamente, en Lobios optan por lonas de tela mal postas”

Apunta a que os 53.031,16 euros gastados nesta reforma demostran a “mala praxe” da alcaldesa e do PP a hora de realizar obras e critica que coa cuberta actual “non se compre co obxectivo marcado que non é outro que o parque se poida utilizar os días de choiva”

Lobios, 26 de novembro de 2024. O PSdeG-PSOE de Lobios denuncia a “chapuza” levada a cabo polo concello e a súa alcaldesa María del Carmen Yáñez, na reforma dun parque infantil que se derrubou aos poucos días do remate da obra. As e os socialistas critican que a alcaldesa pretende vender como cuberta para evitar a choiva, unhas lonas “mal postas” e que non van a evitar que as crianzas do municipio se mollen en caso de mal tempo.

Dende o grupo municipal de Lobios explican que esta reforma do parque infantil contou cun investimento de 53-031,16 euros, a cargo dunha subvención da Xunta de Galicia. As obras deste parque, situado na explanada das piscinas, remataron a semana pasada, pero tal e como advirten as e os socialistas “aos dous días viñéronse abaixo varios postes que sostiñan as lonas, provocando o derrubamento da estrutura, obrigando a pechar o parque”.

O voceiro do PSdeG-PSOE en Lobios, Patrick Rodríguez, subliña que “namentres noutros concellos veciños coma Muíños ou Bande se realizan cubertas en parques infantís correctamente, en Lobios optan por lonas de tela mal postas”. Neste senso o edil socialista tamén pon de manifesto que “é realmente surrealista que a señora Yáñez pretenda vender como parque cuberto, unha cuberta de lona de tela, que non é eficaz contra a choiva e máis nun territorio coma o noso, no que a mala climatoloxía é frecuente”.

Rodríguez apunta a que os 53.031,16 euros gastados nesta reforma demostran a “mala praxe” da alcaldesa e do Partido Popular a hora de realizar obras. O voceiro do PSdeG-PSOE en Lobios critica que coa cuberta actual “non se

compre co obxectivo marcado que non é outro que o parque se poida utilizar os días de choiva”.

“É un auténtico escándalo que unha estrutura recentemente instalada se veña abaixo aos poucos días do remate das obras”, sinala Patrick Rodríguez, subliñando que “isto demostra que a execución desta reforma fíxose dun xeito paupérrimo e lamentable”.

Dende o PSOE de Lobios sinalan que esta obra foi adxudicada a unha das empresas “favoritas” da alcaldesa, María del Carmen Yáñez. “É curioso que esta empresa tanto che reforma un parque infantil, como un camiño ou un campo de fútbol”, afirman, antes de indicar que “estas chapuzas só demostran os intereses espurios da alcaldesa a hora de adxudicar as obras, sen importarlle o máis mínimo as condicións das mesmas”. Cabe sinalar que esta empresa “recibe a meirande partes das obras, case todas a dedo, a través de contratos menores”.

Por último, as e os socialistas poñen de manifesto que “estamos a favor de investimentos e de novas obras no noso concello e creemos que contar con parques infantís en condicións e algo moi necesario”, pero tal e como apuntan “precisamos de obras eficaces, eficientes e que cumpran coas condicións idóneas de seguridade, algo que na reforma do parque infantil quedou de probado que ningunha destas premisas se cumpriu”.