O recoñecemento daquelas entidades e persoas que pola súa adicación, traballo e esforzo teñen demostrado unha traxectoria senlleira nos eidos da cultura e do deporte e da propia superación persoal nas comarcas do Ribeiro e do Carballiño é o obxectivo dos ‘Galardóns da Arenteira’. Unha iniciativa do Aparthotel Arenteiro que este ano acada a súa 13ª edición e que terán o seu epicentro hoxe, venres, na gala de entrega dos premios que terá lugar dende as 20,30 horas no Auditorio Manuel María do Carballiño. Nesta ocasión, o xurado dos XIII Galardóns da Arenteira, baixo a presidencia de José Luis Sobrado, decidiu otorgar os galardóns á Agrupación Cultural Avantar, na modalidade de investigación e cultura; ás Escolas deportivas ‘Terras de Maside’, en deportes; á Sandra Vázquez Estévez, en superación persoal; e, finalmente, José Luis Sobrino Rodríguez leva o galardón a título póstumo. Os galardóns entregaranse o vindeiro 29 de novembro nun acto que se desenvolverá no Auditorio Manuel María do Carballiño a partir das 20,30 horas.
O xerente de Aparthotel Arenteiro, Uriel Bernárdez, e o propio presidente do xurado destacaron a relevancia destes premios e valoraron a traxectoria das entidades e persoas galardoadas. No caso da asociación Avantar, o xurado tivo en consideración a súa implicación na vida cultural e social do Carballiño ao longo do medio século que precisamente cumpríu neste 2024, con moitas actividades, entre as que destacan publicacións, exposicións ou recitáis, entre outras, ademais de que “hoxe, 50 anos despois, segue viva, activa e mantén o lume aceso desa idea cpoa que naceu”.
O xurado considera que “o traballo calado e desenvuelto nestes últimos anos, e a súa implicación a prol da formación da nosa mocidade” é aval suficiente para premiar ás Escolas deportivas ‘Terras de Maside’. Neste sentido, valoraron que o sistema organizativo deste proxecto deportivo-educativo “está facendo que, ano a ano, medre o número de rapazas e rapaces que conforman esta asociación, traballando para para facer un mundo mellor para unha mocidade cada vez máis necesitada de actividades”.
Por outra banda, Sandra Vázquez Estévez, alumna do IES Chamoso Lamas do Carballiño, é merecente do galardón de superación educativa, valorando o xurado “a súa situación persoal derivada dunha discapacidade que non lle permite a mobilidade”, e que precisa da axuda diaria da súa nai, incluso no horario lectivo. Malia estes atrancos, resulta ser unha estudante modelo, como así o recoñecen compañeiros e profesorado deste centro de ensino, “mantendo un sorriso e un esforzó cotián parellos ó seu afán de superación”.
Finalmente, a traxectoria deportiva e humana de José Luis Sobrino Rodríguez, recentemente falecido, é ben coñecida non só a nivel local ou provincial no mundo do fútbol, tra-lo seu paso por equipos como o C.D. Arenteiro, C.D. Ourense ou Bergantiños. O xurado destácao coma “exemplo de coraxe, afouteza e ilusión, que transmitía a compañeiros e afección”, pero cun extraordinario carácter afable fóra dos terreos de xogo.
GALARDONADOS 2024:
HISTÓRICO DE GALAS ANTERIORES: