A Xunta de Goberno tamén concedeu axudas á cooperación con diferentes entidades culturais, empresariais e deportivas, así como con municipios por un importe de 284.732,29 euros
Ourense, 2 de decembro de 2024.
A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense vén de aprobar, na súa sesión ordinaria semanal, diversas axudas por un importe total de 884.732,29 euros.
Así, de todas elas destaca a achega concedida á Comunidade Xeral de Regantes Nova Limia para a modernización do instalación do regadío, cun importe total de 600.000 euros. A Xunta de Goberno cumpre así cos acordos plenarios do 24 de novembro de 2023 e do 26 de abril de 2024 onde quedara reflectido dito compromiso que hoxe queda materializado na cantidade acordada naquelas sesións.
PUBLICIDADE
---------------------------------------------------------------------------------------------------