Espazo Común califica ao PSOE de “cómplice necesario do PP” por permitir a aprobación dos orzamentos da Deputación de Ourense

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Espazo Común vén de facer pública unha nota de prensa na que critica abertamente ao grupo provincial do PSdeG-PSOE de Ourense por permitir, coa súa abstención no Pleno da Deputación, que os orzamentos desta institución foran aprobados para o vindeiro exercicio económico de 2025. Ao respecto, a formación política que lidera o carballiñés Manuel Vázquez lembra que, o pasado venres, “gracias á abstención dos deputados provinciais do Grupo Socialista, sacaron adiante o PP e o seu presidente Luís Menor uns orzamentos para o 2025 que seguen a semellarse moito aos de sempre só que algúns alcaldes socialistas da provincia reciben unhas migallas máis ca antes”.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Tamén comentan, dende Espazo Común, que “polo demáis, o organismo provincial segue a ser o eixo do enchufismo popular con dúcias de familiares de candidatos e alcaldes traballando alí a cambio da súa lealdade política ao partido da gueivota”, e engaden que “a transparencia tamén brila pola súa ausencia para o que basta ollar o portal existente a estes efectos na súa páxina web”. Por outra banda, apuntan que “o 80% dos recursos económicos, ao completo dispor de Menor, seguirán a ser empregados para mercar vontades, afianzar un modelo caciquil e servil de provincia e continuar no ímprobo traballo de afundir a Ourense en tódolos indicadores socioeconómicos máis e máis”.

“O PSdeG-PSOE que fai pouco tempo falaba da necesidade de fumigar a Deputación e abrir ás ventás do Pazo, é agora cómplice necesario do Partido Popular nun contubernio que só se explica convertido nunha párabola da historia das 30 moedas”, consideran dende Espazo Común. “Só que o que se suicida desta volta é a propia provincia. PP e PSOE deberían deixar de enganar á cidadanía e fundirse nun só partido cuxo obxectivo final é arranxar o deles mesmos obviando todo o demáis”, conclúen.