O programa “A Maiores” é un programa integral de actuacións promovido dende a Concellería de Servizos Sociais do Carballiño e La Region que persigue o obxectivo de sensibilizar, visibilizar e dinamizar o colectivo de persoas maiores, á vez que proporcionarlle os instrumentos de capacitación, acompañamento, interacción e información propicios, que eviten o seu aillamento e exclusión social e que se realizará no municipio do Carballiño. Esta iniciativa, que conta co patrocinio de La Caixa e Xunta de Galicia, foi presentado hoxe na Casa do Concello pola concelleira de Servizos Sociais, Silvia Baranda; a directora do Centro Sociocomunitario, Yolanda González; Paola Pérez, do departamento de Márketing de La Region, e Sonia Opazo, unha das monitoras do programa.
Silvia Baranda destacou que “estes cursiños está orientado a facilitarlle a vida aos nosos maiores, tendo en conta o avance e a utilización actual das novas tecnoloxías”, e agradeceu a boa disposición da dirección do Centro Sociomunitario pola cesión das súas instalación para acoller o programa de actividades. Unhas actividades que comezarán o vindeiro luns, día 9 de decembro, e que estarán estructuradas en catro grupos de 15 persoas maiores en horario de mañá e tarde, durante dúas semanas. Según explicou Paola Pérez, “o obxectivo é evitar que os maiores caian no sedentarismo e proporcionarlles as ferramentas dixitais necesarias para que poidan acceder ás páxinas das institucións públicas e incluso poder ler as novas diarias nos xornais”. Asemade, tamén se organizarán dous obradoiros motivacionais e un taller interxeracional no que participarán adolescentes do IES Nº1 do Carballiño.