O BNG de Barbadás demanda o urxente nomeamento dunha nova Secretaria municipal

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Desde a formación nacionalista sinalan que un Concello como o de Barbadás, con preto de 12.000 habitantes e unha importante carga de traballo administrativa, non pode permanecer máis tempo sen Secretaria municipal, un posto fundamental dentro do organigrama do Concello

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Ourense, 04 de decembro de 2024. O Grupo municipal do BNG no Concello de Barbadás reclama do Goberno Local celeridade á hora de cubrir a praza actualmente vacante na Secretaría municipal. Segundo sinala o Portavoz dos nacionalistas Sarín Núñez, “actualmente non contamos no Concello de Barbadás con ningunha funcionaria habilitada Nacional para cubrir o posto de Secretaría, posto fundamental dentro do organigrama organizativo”.

Núñez advirte ademais de que “esta non é unha situación puntual, senón que xa se arrastra desde hai varias semanas, tempo no que é outra traballadora do servizo a que está desempeñando estas funcións”, e engade, “aínda que esta situación poida ser admitida legalmente, non parece a máis acaída para un Concello como o de Barbadás, con preto de 12.000 habitantes e cunha carga de traballo administrativa bastante elevada”.

Diante desta situación, desde o BNG instan ao Goberno Local a buscar unha solución inmediata propoñendo que, namentres dita praza non sexa cuberta en propiedade e coñecido que na Deputación Provincial existe unha listaxe de Secretarias-Interventores dispoñibles para prestar servizo aos Concellos que o precisen, “se poida cubrir temporalmente o posto a través desta fórmula polo que instamos ao Goberno Local a que solicite dito persoal á maior brevidade posíbel”. 

Sarín Núñez cuestiona a pouca capacidade de previsión do atual Goberno Local diante dunha situación “que sabían ía darse pero que por falla de anticipación, non souberon solventar a tempo. Para nós non é de recibo que un Concello como o noso careza dunha funcionaria habilitada para exercer estas funcións tal como establece a lei”.