O delegado territorial da Xunta en Ourense participa no acto de homanaxe á Constitución

Ourense, 06 de decembro de 2024.- O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, participou esta mañá ao acto institucional de conmemoración da Constitución Española, onde subliñou “a importancia e a vixencia do texto constitucional que nos fixo convivir en paz e en progreso”; por iso, engadiu o delegado territorial, “manter os valores que representa a nosa Constitución: igualdade, liberdade, xustiza e pluralismo político, implica un compromiso persoal por parte de todos e cada un de nós”.

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------