O BNG interésase polo impago dos salarios ás traballadoras de axuda no fogar do Carballiño

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

A voceira do grupo municipal do BNG do Carballiño, Sofía García, vén de solicitar por rexistro unha xunta de portavoces do Concello para abordar a problemática pola que están pasando as traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar do Carballiño. “Dende o BNG estamos moi preocupados pola situación, razón pola que vimos de demandar a convocatoria deste órgano colexiado para poder coñecer de primeira man as razóns da situación de impagos que padecen as traballadoras deste servizo”, apuntou Sofía García.

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

As traballadoras deberían ter que cobrar entre os días 1 e 4 deste mes e aínda non obtiveron resposta de cando se producirá o pago dos seus salarios, e, por elo, a voceira nacionalista tamén instou ao equipo de goberno de PP e PSOE a actuar con celeridade para resolver esta problemática para asegurarse que as traballadoras perciban a maior brevidade posible os salarios que lles corresponden.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------