Ribadavia acende mañá o alumeado de Ferrero Rocher

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Este xoves, Ribadavia dá comezo ó seu Nadal cheo de brillo coa Gala de Ferrero Rocher, na que se acenderá o alumeado co que se premia á vila gañadora do Concurso “Juntos Brillamos Más”.
A capital do Ribeiro xa ten todo preparado para a gala que se celebrará mañá na Praza Maior da localidade a partir das 19,00 horas da tarde e que estará presentada por Jesús Vázquez, embaixador da campaña promovida por Ferrero Rocher, e na que participarán o alcalde, César Fernández; Monica Palmieri, Country Marketing Manager Premium Chocolate en Ferrero Ibérica; Franco Martino, director de Comunicación e Relaciona Institucionais en Ferrero Ibérica, e Daniel Anechina, Media Manager en Ferrero Ibérica. Esta gala poderase visionar o vindeiro 18 de decembro na páxina web de Ferrero Rocher e será transmitida por Mediaset.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO


Con motivo desta celebración, a Rúa Progreso permanecerá cortada ó tráfico dende o cruce coa Rúa Ribeiro e ata o cruce de Francelos dende as 16,00 horas deste xoves. A pasarela da Foz tamén estará cortada. Para asegurar a comodidade de toda a veciñanza, habilitaranse diferentes zonas para estacionamento de vehículos: no parking no entorno do Complexo Deportivo do Xestal, na rúa Veronza, na esplanada do Instituto, na rúa consello e na contorna do Polideportivo “O Consello”. Tamén a área de autocaravanas que, durante este día, será exclusivamente para estacionamento de turismos.

O acceso peonil á Praza Maior será só pola entrada principal á mesma. Dende o Concello de Ribadavia pregan “a todo o mundo que estacionen nestas zonas e suban andando ata a Praza Maior, seguindo as indicacións das forzas e corpos de seguridade do Estado e dos voluntarios de Protección Civil para o correcto desenvolvemento da xornada e que todos poidamos desfrutar deste día histórico para Ribadavia”.