Carballeda de Avia aproba os orzamentos para 2025 nos que un 45% dos investimentos vai destinado a gasto social

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

A Corporación municipal de Carballeda de Avia deu luz verde aos orzamentos do Concello para o vindeiro exercicio de 2025 e que ascenden a un montante total de 2.362.000 euros, nunha sesión ordinaria celebrada no salón de plenos do Consistorio e presidida polo alcalde, o socialista Luis Milia. O pertinente expediente orzamentario contou cos votos a favor dos cinco concelleiros do PSOE e o voto en contra dos dous ediles do PP presentes na sesión e do edil independente. O propio Milia destacou entre as partidas presupostarias a destinada a gasto social, que representa unha porcentaxe do 45% da cantidade global e que ascende a 1.068.000 euros, pero dos cales o Concello tan só aporta 235.000, xa que o resto provén de axudas económicas doutras institucións e organismos.

O goberno municipal de Carballeda tamén manterá conxeados os impostos e as taxas, tal e como ten feito dende o ano 2007, de xeito que os veciños abonarán 304.000 euros, “o que representa unha media de 240 euros por habitante, cando a media rexistrada nos municipios de Galicia é de 575”, apunta o alcalde. Por outra banda, Luis Milia destaca a participación do Concello na Axenda Local 20/30, que permitiu un investimento de 300.000 euros en enerxías alternativas, coa colocación de placas solares no Consistorio, nave municipal, vivenda comunitaria, tanatorio, biblioteca pública ou no pavillón polideportivo da Abelenda. Os gastos de personal achéganse ao millón de euros, dos que das arcas municipais só aporta 206.000 euros, tendo en conta que a meirande parte do total está subvencionado por outras institucións.

O domingo día 17 no San Amaro: I Mercadillo de Primavera ----------------------------------------------------------------------------------------------------------

A nivel de ingresos, o Concello recibe 306.000 do Estado e 158.000 euros da Xunta, ademais de 165.000 euros procedentes do Plan único da Deputación de Ourense para investimentos en obras. A maiores, están consignados un total de 525.000 euros “que non figuran nos orzamentos xa que corresponden ao convenio coa Confederación Hidrográfica Miño-Sil para completar o saneamento integral do municipio”, indicou Luis Milia.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------