O próximo sábado, día 14, O Instituto de Estudios Carballiñeses (IEC) celebra a súa asemblea xeral. O acto terá lugar no salón de actos do casino do Carballiño.

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O próximo sábado, día 14, O Instituto de Estudios Carballiñeses (IEC) celebra a súa asemblea xeral correspondente ao segundo semestre deste ano. O acto terá lugar no salón de actos do casino do Carballiño.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Ás 11.00 horas iniciarase a asemblea xeral de socios/as, na que se presentarán os novos candidatos a formar parte da lista de socios do IEC. Na orde do día vanse tratar os novos proxectos para o próximo ano, así como un informe sobre as publicacións e actividades realizadas durante este ano no que se conmemoran os 25 anos da creación do Instituto.

Ás 12.00 horas presentaranse as últimas publicacións do Instituto: A poesía inédita de Rafael Melero, a segunda edición do libro A Vera Cruz do Carballiño (Premio Antón Losada Diéguez 2024), o número 42 da revista Ágora do Orcellón e o libro 150 aniversario do nacemento de Antonio Palacios. Intervirán varios colaboradores destas obras, entre os que están familiares do arquitecto Antonio Palacios. Intervirán tamén o alcalde do Carballiño, un representante da Deputación de Ourense e o Secretario Xeral de Política Lingüísta. Amenizará o acto María do Ceo e os seus músicos.

A entrada para este acto será libre ao público ata completar aforo.