O Centro Sociocomunitario do Carballiño celebrará a despedida do ano o día 29 cun gran baile

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Coa chegada das datas do Nadal, a programación de actividades no Centro Sociocomunitario do Carballiño non se detén, e proba delo son os obradoiros de costura e de coroas navideñas que se clausuraron con éxito de participación, e o xa previsto para o día 24, centrado na decoración de frascos. Un ritmo ao que veu sumarse o programa “A Maiores”, promovido dende a Área de Servizos Sociais do Concello e o xornal La Región, cuxa primeira quenda comezou o pasado día 9 co obxectivo do achegamento das novas ferramentas da tecnoloxía da información aos maiores do municipio.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Despois dunha semana de aprendizaxe no manexo do móbil e do ordenador, unha vintena de alumnas e alumnos recolleron os seus diplomas, aínda que o programa ten, dende onte, unha nova quenda con máis persoas inscritas. A directora deste centro social, Yolanda González, comentounos que, “ao longo de todo o ano, temos actividades físico-deportivas e talleres de memoria, ademais de clases de canto, pandeireta e teatro”. E como remate, as socias e os socios despedirán este 2024 cun gran baile, que se celebrará o vindeiro día 29, “no que haberá algunha que outra sorpresa”, adiantou a responsable desta institución xestionada pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.