O deputado do Grupo Popular no Parlamento de Galicia pola provincia de Ourense, Juan Manuel Casares, salientou no Pleno do Parlamento galego que o Rexistro Vitícola de Galicia é “unha ferramenta esencial para o desenvolvemento das competencias dos consellos reguladores das denominacións de orixe galegas” e lembrou que desde o ano 2022 “a Xunta está a acometer unha actualización integral do mesmo, para conectalo co Rexistro Xeral de Explotacións Agrarias de Galicia e implementar innovacións como o acceso gráfico das parcelas”. O deputado ourensano explicou que este rexistro “é un rexistro informático único, público e de natureza técnico-administrativa, fundamental para coñecer a situación real do potencial vitícola da comunidade galega”. Máis en concreto, apuntou que “serve para xestionar determinados procedementos administrativos das plantacións, o seguimento e control da evolución das superficies de viñedo, e como base de datos e fonte das estatísticas oficiais do sector, en particular do inventario vitícola”. O obxectivo é reflectir a realidade vitícola galega a través de datos da titularidade, identificación e localización das explotacións así como das parcelas de viñedo que as constitúen. Neste sentido, Casares manifestou que o rexistro actualizado permitirá aos consellos reguladores traballar cunha foto real, o que se traduce en coñecer o seu tamaño tanto en superficie produtiva como en efectivos, facilitar o seu labor de control, garantir a orixe e calidade do produto e ser un aliado eficiente na prevención do fraude
O deputado Juan Manuel Casares defende a necesidade dun rexistro vitícola de Galicia
PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------








