En Boborás, o investimento do novo centro de saúde previsto superará os 1,5 M€ e servirá para ampliar as instalacións sanitarias ata os 682 m2
O prazo de execución é de 16 meses
Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2024.- A Xunta licitará no mes de xaneiro a obra da construción do novo centro de saúde de Boborás, en Ourense, cun investimento duns 3,1 millóns de euros e máis de 1,5 M€, respectivamente.
Co fin de optimizar o impulso deste equipamento sanitarios, será finalmente o Servizo Galego de Saúde quen licite as obras , logo de que a Axencia Galega de Infraestruturas se encargase da redacción do proxecto.
Máis espazo e servizos en Boborás
O novo centro de saúde ourensán suporá a ampliación da súa superficie en máis de 200 m2, ata chegar aos 682 m2, e permitirá contar como novidade cunha consulta para a saúde da muller, unha consulta polivalente de urxencias e outra de pacientes respiratorios, así como unha sala de xuntas.
Ademais permitirá contar con dúas consultas de medicina e dúas de enfermaría nun edificio novo.
O deseño elixido para o novo centro de saúde busca a mellor integración coa contorna en todos os seus aspectos: implantación da parcela, volumetría, deseño ou emprego de materiais característicos da zona, como a pedra e a madeira.
O edificio conformarase como un elemento lonxitudinal, paralelo á vía de acceso, Evaristo Riande, próximo ao borde sur da parcela. O acceso de ambulancias e de persoal situarase na zona sueste da parcela.
A construción do novo centro de saúde de Boborás está previsto que poida estar finalizada a finais de 2026 ou comezos de 2027, despois de que se formalice o contrato de obra no verán, cun prazo de execución de 16 meses.