Dúas veciñas de San Amaro deseñaron un belén con 3.000 pezas na localidade de Cristimil

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Comezaron a montaxe a mediados de outubro e non remataron o traballo ata finais do pasado mes de novembro. Sara Lovelle e María del Pilar Fernández, dúas veciñas da localidade de Cristimil, en San Amaro, son as autoras dun Belén artesanal que xa se está a converter nun atractivo máis para visitar o municipio. Concretamente, a estructura navideña pódese admirar na coñecida como ‘Casa do Sacristán’, ubicada no devandito lugar, pertencente á parroquia de San Cibrán de Lás, na que tamén está emprazada ‘A Cidade’, o xacemento castrexo máis grande de Galicia e o Centro de Interpretación da Cultura Castrexa de Galicia.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Con materiais totalmente naturais como cortiza, pólas de carballo e outras árbores, musgo e outros elementos, o belén de Crisitimil está composto por un total de 3.000 pezas completamente artesanais, que, según as propias verbas do alcalde de San Amaro, Fernando Rodríguez, “é o belén máis grande do noso municipio e atrévome a dicir que tamén é o máis grande da comarca do Carballiño”. Unha iniciativa que vén incorporarse como referente destacado na programación de actividades que ten preparada o Concello para estas datas do Nadal e que pode ser visitado de mañá ou tarde ata pasada a festividade de Reis.