A Comisión Executiva provincial do PSdeG-PSOE de Ourense desautoriza absolutamente a presentación da moción de censura no Irixo

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

(foto de arquivo )

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

NOTA INFORMATIVA DA COMISIÓN EXECUTIVA PROVINCIAL DO PSdeG-PSOE DE OURENSE SOBRE A moción de censura presentada no concello DO irixo

Ourense, 27 de decembro de 2024. A Comisión Executiva Provincial do PSdeG-PSOE de Ourense tivo coñecemento no día de hoxe, e a través dos medios de comunicación, da presentación oficial no Rexistro do Concello do Irixo dun escrito de moción de censura. Este documento está asinado e avalado polos concelleiros do grupo municipal socialista e do grupo municipal do Partido Popular.

Tras realizar as consultas pertinentes cos órganos superiores do Partido en Galicia, queremos manifestar e acordar conxuntamente os seguintes puntos:

  Desautorización absoluta: a presentación da devandita moción de censura no Concello do Irixo para o seu posterior debate e votación queda absolutamente desautorizada polos órganos superiores do PSdeG-PSOE.

  Advertencia disciplinaria: amais de non avalar este acto, advertimos ás concelleiras do grupo socialista do Irixo que, de non atenderen esta desautorización, de inmediato se emprenderán as accións disciplinarias e regulamentarias pertinentes contra quen incumpra esta indicación dentro do grupo municipal socialista ou da Agrupación Municipal do Concello do Irixo.

Desde o PSdeG-PSOE reiteramos o noso compromiso co respecto ás normas internas do partido e coa defensa dos valores democráticos e éticos que nos definen como organización política.