Imaxes das mobilizacións da CIG-Servizos deste pasado venres (día 3) en Ourense e Carballiño

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Este pasado venres a CIG-Servizos convocou unha serie de mobilizacións na provincia de Ourense.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Ás 12:00 horas desenvolveuse unha concentración diante do Gadis da rúa Valle Inclán de Ourense no marco da campaña que está a desenvolver contra a excesiva carga de traballo, os abusos o acoso laboral que padece o persoal da cadea de supermercados.

De 14:30 a 15:00 horas levou a cabo outra protesta diante do Concello do Carballiño para denunciar os impagos e os atrasos salariais das traballadoras do SAF por parte de Gesmedical, a empresa concesionaria

E de 15:00 a 15:30 horas trasladou as mobilizacións á residencia de persoas dependentes do Cornubal -que tamén xestionaba Gesmedical até a recente intervención do centro pola Xunta- para reclamar o pago das nóminas pendentes.

Intervención de Reyes La Banca Sánchez, traballadora do Saf e Presidenta do Comité de empresa:

Intervención de Natividad Álvarez representante da Cig-Servizos