O novo goberno municipal do Carballiño, integrado por PSOE e PP, deixa problemas da veciñanza sen resolver a causa da nefasta xsstión levada a cabo ao longo do ano pasado, según a valoración realizada pola voceira do BNG, Sofía García. “O pacto de goberno que PSOE e PP din foi polo ben do Carballiño, mais ben semella ser polo ben deles”, comenta a concelleira nacionalista. E destaca carencias como as detectadas no funcionamento do actual Centro de Saúde, aínda pendente de cubrir unha praza de pediatría, e con demoras na tramitación das citas médicas e a falta de atención nos servizos xinecolóxicos.
Sofía García tamén fai referemcoa a problemática laboral das traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar (SAF), “para o que nós vimos demandando máis persoal e máis horas de atención”. Do mesmo xeito, a voceira do BNG amósase crítica coa xestión do Conservatorio de Música, para o que solicita máis número de horas e máis profesorado, e coa execución aínda pendente das obras de acondicionamento das súas instalacións para protexerse das emisións de gas radon. García, finalmente, reclama unha aula de estudio axeitada na Biblioteca pública; a mellora do Parque municipal e a toma de medidas para solucionar as carencias na limpeza do casco urbano e na recollida de lixo.