A localidade pontevedresa de Poio acolle este sábado 11 de xaneiro a partir das 19:30 horas a Gala de entrega de premios da Federación Galega de Automobilismo, que recoñece o traballo realizado polos deportistas autonómicos durante a tempada 2024.
En total serán máis de 150 galardóns os que se entregarán nun acto que estará conducido por Gúmer Portas e Noa García, coa presencia do humorista David Perdomo como engadido a unha xornada de festa para o automobilismo galego.
Ademáis das entregas aos deportistas, organizadores e escuderías máis destacadas do curso pasado, tamén haberá espazo para as mencións presidente e as mencións deportistas, nun recoñecemento sentido e personalizado para algúns persoeiros e deportistas recoñecidos deste deporte.
Ao acto acudirán tamén representantes das institucións públicas, presidentes de federacións de automovilismo, incluido o presidente da Rfeda, e distintos patrocinadores e colaboradores da Federación Galega de Automobilismo, nun evento no que se conta coa presenza de máis de 500 persoas.
Lugar: Praza da Reiboa (Poio, Pontevedra).
Data: 11 de xaneiro de 2025 ás 19:30 horas.