O BNG do Ribeiro renova o Consello Comarcal con Xabier López Pousa á fronte como Responsábel Comarcal

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) do Ribeiro vén de constituír e renovar o seu Consello Comarcal, reafirmando o seu compromiso co desenvolvemento dun rural vivo e coa defensa dos intereses da comarca. Xabier López Pousa foi reelixido como Responsábel Comarcal e voceiro, asegurando a continuidade no liderado dunha equipa que traballa con determinación polo futuro do Ribeiro.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A nova composición do Consello Comarcal do BNG no Ribeiro é a seguinte:

  • Responsábel Comarcal e Voceiro: Xabier López Pousa
  • Vicerresponsábel Comarcal e Responsábel de Organización: Cristián Rodríguez Vieitez
  • Secretaría: Alexandre Calvo García (1º Secretario) e Pablo Crespo Rodríguez (2º Secretario)
  • Finanzas: María de los Ángeles Nieves Barreiro
  • Acción Feminista: Uxía Vázquez Rodríguez e María Magdalena Soto Diéguez
  • Medio Ambiente e Viticultura: Alfredo Fernández Rodríguez e David Ozores Fernández
  • Acción Municipal: Isaac Pereiro Carballal
  • Movemento Social: Belén Vázquez Davila e Carme Fernández Rodríguez
  • Administración, Leis e Política Lingüística: Ramón Seoane Lacaio
  • Redes e Comunicación: Carlos Abeledo Fernández e Belén Vázquez Davila
  • Deportes: Pablo Crespo Rodríguez
  • Cultura e Educación: Yolanda Rodríguez Draycott e María Magdalena Soto Diéguez

O novo Consello reafirma o seu compromiso firme coa loita contra o espolio enerxético, facendo especial fincapé na oposición a proxectos como a megabalsa,  os eólicos ou as fotovoltaicas que agravan a xa castigada situación da comarca. Así mesmo, mantense a aposta pola defensa do patrimonio cultural, a lingua e a promoción dun rural con oportunidades reais para a cidadanía.

No eido social, o BNG do Ribeiro reivindica políticas que garantan o benestar das persoas maiores e creen oportunidades para a mocidade e as crianzas, un aspecto fundamental para frear o despoboamento. Ademais, seguirá apoiando mobilizacións en solidariedade co pobo palestino, a eliminación da violencia contra a muller  –á que o BNG xa dedicou un intenso traballo–, e fortalecerá a súa implicación nas accións colectivas contra inxustizas tanto locais como globais.

De cara ás próximas eleccións municipais, o Consello Comarcal comprométese a expoñer con detalle as súas propostas á cidadanía, impulsando un proxecto político transformador que beneficie todas as veciñas e veciños do Ribeiro, cunha visión de futuro sostíbel e xusta para a comarca.