A Xunta inviste preto de 50.000€ na ampliación da biblioteca do Ceip Seixalbo de Ourense

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O delegado territorial da Xunta supervisou esta mañá o remate das obras

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

  • As obras que se desenvolveron  neste centro educativo consistiron na demolición de tabiques de separación de locais destinados a antigos laboratorios e almacéns coa biblioteca actual, para conseguir un espazo máis amplo duns 203 metros cadrados

Ourense, 21 de xaneiro de 2025.- O delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Manuel Pardo, supervisou esta mañá o remate de distintas obras que se levaron a cabo para ampliar a biblioteca do CEIP Seixalbo da cidade de Ourense, nas que a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional investiu preto de 50.000€.

Na súa estadía no centro, o delegado territorial referiuse á partida destinada ao eido educativo dos novos orzamentos que inclúe un investimento total de 15,6€ destinados a executar obras na provincia de Ourense. Neste senso, enmarcou esta actuación “no forte impulso que lle está a dar a Xunta á modernización dos colexios e institutos da provincia”.

O representante do Goberno galego salientou, que nos Orzamentos de 2025, as actuacións máis destacadas son o novo IES do Pereiro de Aguiar (300.000€); a ampliación do CIFP A Farixa (970.000€) e a ampliación do IES Manuel Chamoso Lamas (1,5M€) e puxo énfase no investimento de 3,3M€ na acreditación de excelencia do Campus Auga da Universidade de Vigo.

Manuel Pardo destacou que o Plan de nova arquitectura pedagóxica, que, na súa segunda fase, eleva o seu investimento global a preto de 500 millóns de euros ata 2028, busca a mellora integral dos centros educativos galegos mediante actuacións orientadas á integración dos edificios no espazo urbano, á mellora dos seus exteriores, á creación de espazos de socialización, á optimización da distribución interior e á aposta pola eficiencia enerxética.

As actuacións no CEIP Seixalbo

As obras que se desenvolveron  neste centro educativo consistiron na demolición de tabiques de separación de locais destinados a antigos laboratorios e almacéns coa biblioteca actual, para conseguir un espazo máis amplo duns 203 metros cadrados.

Tamén se levou a cabo a instalación eléctrica e da calefacción; colocación de falsos teitos; substitución do chan por un novo con tarima de vinilo; e realizáronse os remates de albanelaría, carpintería e pintura.