Luis Menor asiste en Santiago á presentación ás entidades do CERMI do Centro de Atención a Persoas con Discapacidade de Ourense

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O presidente da Deputación agradeceu a invitación realizada pola conselleira de Política Social, Fabiola García, para coñecer de preto os detalles dun centro que está previsto que entre en funcionamento no mes de abril

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Menor tivo a oportunidade de escoitar as consideracións e suxestións realizadas polas entidades sociais acerca do propio centro e o modelo de xestión proposto, destacando “a ampla experiencia destes colectivos, avalada ademais polo recoñecemento do seu labor no conxunto da sociedade”

Ourense, 28 de xaneiro de 2025.

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, e a deputada de Políticas Sociais, Patricia Torres asistiron hoxe en Santiago de Compostela á presentación das principais características do futuro Centro de Atención a Persoas con Discapacidade (CAPD) de Ourense.

Un acto presidido pola conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, e no que participou unha ampla delegación das entidades que conforman o Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (CERMI), co seu presidente, Ramon Sestayo, ademais do delegado da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, e a directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón.

Luis Menor agradeceu a invitación realizada pola conselleira para coñecer de preto os detalles dun centro que, como avanzou a titular de Política Social e Igualdade, está previsto que entre en funcionamento no mes de abril.

O presidente da Deputación tivo a oportunidade de escoitar as consideracións e suxestións realizadas polas entidades sociais acerca do propio centro e o modelo de xestión proposto, destacando ao remate do encontro “a ampla experiencia que teñen estes colectivos, avalada ademais polo recoñecemento do seu labor no conxunto da sociedade”.

PUBLICIDADE