Bng de Ribadavia: campaña de apoio ás mobilizacións deste #8M

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Mañá sábado presentamos en Ribadavia a campaña de apoio ás mobilizacións deste #8M. Velaquí algunhas das nosas propostas:elaborar, cun amplo proceso de participación social, unha nova Lei de igualdade que substitúa a 7/2004 (sen cambios no decreto de 2/2015) para adaptala á realidade do século XXIAínda que hai décadas que a fenda salarial é ilegal, as mulleres galegas cobramos máis de 4.000 euros menos ao ano. A Xunta debe reclamar a transferencia das competencias plenas e a creación dun corpo específico de inspección laboral para perseguilaDemandar do goberno central que non siga demorando a tramitación da ratificación do convenio 189 da OIT e atenda as demandas dos colectivos de traballadoras do fogar para avanzar na súa dignificación e protección, singularmente no referido ás prestacións por desemprego.