A Escola de teatro de Taboadela representa mañá “Escándalos” no Auditorio do Carballiño

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A Escola de Teatro de Taboadela representa mañá, sábado 1 de febreiro, a comedia “Escándalos” no Auditorio Municipal Manuel María do Carballiño, nunha función que dará comezo ás 8 da tarde e con entrada libre e gratuíta para tódolos públicos, patrocinada pola reaOU (Rede de Auditorios Provincial de Ourense). Un total de 13 actrices e actores da asociación cultural Esteta deste municipio ourensán protagonizan esta montaxe reivindicativa, na que o seu argumento conta que, despois do funeral da súa nai Escarlata, tódolos traballadores do Escándalo’s Club, un cabaret atípico, deberán facer fronte a unha gran débeda se queren salvar o negocio.

Sen embargo Valentino intentará por todos os medios separalos para facerse co local onde o seu xefe quere montar unha nova macrodiscoteca. A través de números de maxia, clown, actuacións musicais e drag queens entraremos no Escándalo’s, un lugar que reivindica a liberdade sexual, os corpos non normativos e que rompe con todos os estereotipos da sociedade enviando unha clara mensaxe ao público: “A miña vida é a que eu elixo, a que eu decido para min”. Unha verdadeira historia que nos educa sobre a diversidade.