Cinco adegas da D.O. Ribeiro presentan os seus viños na ‘Barcelona Wine Week’

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, asistiu esta mañá á inauguración da ‘Barcelona Wine Week’, que se celebra desde este luns ata o mércores, 5 de febreiro, no recinto feiral de Montjuïc, e no que a Consellería do Medio Rural está presente para apoiar o sector vitivinícola da nosa comunidade. Martín Alemparte salientou este tipo de celebracións, que se configuran como un escaparate ideal no que presentar e promocionar as elaboracións vitivinícolas galegas para dalas a coñecer fóra de Galicia e ante un público internacional. A Axencia participa no evento a través da presencia de 45 industrias de elaboración de viños ou augardantes, que asistirán agrupadas baixo a marca Galicia.

Neste sentido, a Consellería conta cun expositor propio no que estarán presentes as Denominacións de Orixe Rías Baixas, que acude ao evento con 24 adegas; a D.O. Ribeiro, que participa con cinco; a D.O. Ribeira Sacra, con oito; e unha adega da D.O. Valdeorras. Esta presenza compleméntase cun túnel do viño no que estarán presentes caldos das cinco denominacións de orixe galegas. A Axencia organizou tamén unha representación das empresas elaboradoras dos produtos das Indicacións Xeográficas Protexidas de Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia con dous postos que acollen estes produtos; así como outros dous stands para os viños con IXP.

A ‘Barcelona Wine Week’ está consolidada como o evento enolóxico de referencia en España. Nesta edición están presentes máis de 1.100 adegas e 75 denominacións de orixe de todo o país, un 16% máis que no 2024, nun salón de preto de 10.000 metros cadrados de extensión.