O Grupo Municipal do BNG no Concello de Ourense amósase abraiado e moi indignado ante o desprezo e falla de respeto do presidente da Xunta de Galiza ao excluir á cidade de Ourense dunha carta dirixida as outras 6 cidades do país

Ourense, 12 de setembro de 2020. No día de hoxe coñeceuse que o presidente da Xunta de galiza, Núñez Feijóo, remitiu unha carta tanto ao presidente da FEGAMP coma aos alcaldes de 6 das sete principais cidades do país.

Nela amosa o seu interese e predisposicion a colaborar cos municipios ante a situación sanitaria na que nos atopamos e ante a crise económica e social existente e que por desgraza agudizará a súa virulencia nos vinveiros meses.

A indignación dos nacionalista no Concello de Ourense ven dada polo feito de que á única cidade de Galiza a cal o presidente da Xunta non se dirixiu, foi a de Ourense.

Resulta moi curioso, a ollos dos nacionalistas, como nestos momentos o PPdeG e concretamente o señor Núñez Feijóo renega do alcalde da terceira cidade do país, Gonzalo Pérez Jácome cado este é alcalde grazas ao beneplácito do propio presidente da Xunta.

Estamos, segundo denuncian desde o BNG, ante un feito gravísimo xa que o presidente da Xunta falta ao respeto a toda a veciñanza do Concello de Ourense, faltalle ao respeto a algo máis de 105.000 galegos. Algo que por desgraza non é novo. Primeiro foi investindo a Jácome semanas despois de advertir públicamente de que sería letal para Ourense telo como alcalde.

En segundo lugar, ao rachar á coalición de goberno e deixar á cidade sumida no caos e na parálise máis absoluta. E agora amosando un tremendo desprezo cara a cidadanía 
Ao non dirixirse ao alcalde da cidade, independentemente de quen sexa, e ofrecer á mesma colaboración que ao resto de concellos do país, máxime ante a grave situación sanitaria na que nos atopamos e ante as súas consecuencias sociais e económicas.

Aquel que fai escasos días, na súa toma de posesión dixo ser o presidente de tódolos galegos, demostra agora, que aquelo non eran máis que verbas valeiras de contido. Un presidente da Xunta que despreza á terceira cidade de Galiza e que pon enriba da mesa a idea de que a Xunta, esta Xunta, nin é dos ourensáns nin os vai representar.

Para o grupo Municipal do BNG no Concello de Ourense estamos ante un feito gravísimo que require dunha inmediata rectificación por parte do executivo galego, rectificación, que en todo caso, non mudará a realidade que se acaba de constatar unha vez máis. Para o BNG queda claro de novo que ao PPdeG nin lle preocupa Ourense nin os Ourensáns, únicamente miran cara esta cidade en base aos seus intereses de partido.

Desde o BNG o teñen claro, Ourense non merece, nin o alcalde que tén, imposto no seu día polo PP, nin o presidente da Xunta actual. Xa está ben de rirse desta cidade e de empregala coma o seu cortello particular.

Os nacionalistas reclámanlle á Xunta de Galiza e ao seu presidente Núñez Feijóo, respecto para Ourense e para as e os ourensáns.