O Conservatorio de Música Municipal do Carballiño programou para o vindeiro sábado, 8 de febreiro, unha xornada didáctica de música de cámara de frauta traveseira, que correrá a cargo do cuarteto DeBiselas. Esta sesión formativa, que terá lugar dende as 10,00 horas no Auditorio Manuel María, está orientada á participación de calquera frautista, e para inscribirse tan só hai que enviar un whatsapp ao teléfono de Carlota (666.379.745), para logo recibir un formulario para aportar os datos e a forma de pago, tendo en conta que o cursiño ten un custe de 35 euros.
Esta xornada está orientada a traballar de xeito multidisciplinar en conxunto a música de cuarteto para frauta traveseira, mesturada coas artes visuais, xa que as interpretacións estarán acompañadas de proxeccións audiovisuais. As persoas que participen recibirán un diploma acreditativo ao remate da sesión, que ten unha duración prevista de catro horas.
O cuarteto de frauta DeBiselas protagonizará tamén o mesmo sábado un concerto na tenda Ozoco do Carballiño. O recital dará comezo ás 19,00 horas,