A UVigo visibiliza o proxecto europeo RISC_PLUS no IES da localidade pontevedresa de Ponte Caldelas

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

 O proxecto europeo POCTEP RISC_PLUS aposta pola educación ambiental como ferramenta clave na prevención de riscos climáticos e a formación en sustentabilidade.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

 O alumnado do IES de Ponte Caldelas participou nunha sesión divulgativa sobre o impacto das inundacións en Ourense e as ferramentas de alerta temperá para a súa prevención.

A Universidade de Vigo, a través do grupo de investigación Ephyslab, reforza o seu compromiso coa educación ambiental e a xestión de riscos climáticos no marco do proxecto europeo POCTEP RISC_PLUS. Os investigadores Helena Barreiro, Diego Fernández e José González Cao impartiron unha charla no IES de Ponte Caldelas, achegando ao alumnado as claves do cambio climático e o seu impacto nos eventos extremos, con especial atención ás inundacións na provincia de Ourense.
Durante a sesión, explicaron a evolución destes fenómenos na rexión e presentaron o Sistema de Alerta Temperá, unha innovadora ferramenta desenvolvida no marco do proxecto RISC_PLUS. Este sistema está deseñado para anticipar e mitigar os efectos das inundacións, mellorando a preparación e resiliencia dos territorios afectados.
A actividade non só ofreceu unha visión científica sobre os riscos hidrometeorológicos, senón que tamén fomentou un espazo de reflexión e debate entre o alumnado, promovendo a conciencia ambiental e o papel crucial da ciencia na xestión do cambio climático.
O proxecto RISC_PLUS, no que participan, ademais, a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, a Universidade de Porto e a Axencia Portuguesa do Ambiente, ten como obxectivo fortalecer a resiliencia das concas transfronteirizas do Miño e Limia fronte aos desafíos climáticos.
Nesta liña, a educación ambiental consolídase como un piar estratéxico da iniciativa, coa convicción de que a sensibilización e o coñecemento desde idades temperás son claves para garantir un futuro sostible.

A través da divulgación e o acceso a información rigorosa sobre a contorna natural, RISC_PLUS non só busca aumentar a conciencia ecolóxica, senón tamén dotar ás novas