Baltar participa hoxe en Santiago no acto en memoria das vítimas do COVID-19

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participa hoxe, no Hotel Monumento San Francisco, en Santiago de Compostela, no acto en memoria das vítimas do COVID-19 que organiza a Xunta de Galicia, unha celebración na que o presidente do goberno provincial quere ter presente, especialmente, ás 132 persoas que perderon a vida ata este momento por mor da pandemia na provincia de Ourense, polas cales a Deputación de Ourense declarou loito oficial.