A garda civil detén a un veciño de Cortegada tras darse á fuga nun control policial

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O detido, que carecía de permiso de condución, estaba buscado por un xulgado de Ourense para o seu ingreso en prisión.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A Garda Civil do Destacamento de Tráfico de Ourense, mentres estaban a realizar un control de alcoholemia e drogas na OU-0517, que une as localidades de Ourense e A Merca, déronlle o alto a un vehículo.
Nese instante o condutor, facendo caso omiso ás ordes dos axentes, desviouse da traxectoria seguida emprendendo a fuxida. Durante o seguimento para a interceptación, o condutor persistindo nunha condución temeraria, circula a gran velocidade mesmo en zonas sensibles motivadas por obras. Nunha das manobras evasivas introduce unha roda nunha gabia quedando o coche detido, aínda que segue tentando acelerar para fuxir do lugar, chegando a golpear a un dos vehículos patrulla. Unha vez é detido o vehículo polos axentes, o condutor forceja cos axentes, resistíndose en todo momento.
Polo que a Garda Civil procede á detención dun home de 25 anos, veciño de Cortegada con numerosos antecedentes policiais. Compróbase que o mesmo carece de permiso de condución ao perder o mesmo a súa vixencia pola perda da totalidade dos puntos asignados. Igualmente certifícase que sobre o mesmo existe unha orde de procura, detención e ingreso en prisión, dimanante do Xulgado do Penal nº 1 de Ourense e referida a un delito de condución temeraria ocorrido en 2021. Na proba de drogas realizada lanzou resultado positivo a cocaína, pendente de confirmación polo laboratorio homologado.

O detido deberá responder por estes feitos a delitos contra a seguridade viaria, por condución sen permiso e por condución temeraria, así como a delitos de atentado a axentes da autoridade, desobediencia e resistencia aos mesmos. Ademais, deberá facer fronte ao cumprimento da orde de ingreso en prisión, que sobre o citado pesa en vigor.