A protección de datos en Recursos Humanos: un compromiso legal e ético

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A sesión de hoxe de Nexos Encontros por Ourense repasou a xestión e protección de datos nos departamentos de Recursos Humanos
Marisol Nóvoa, presidenta da CEO, e Mateo Alonso, coordinador de Banca Institucional de Abanca, presentaron a xornada
As relatoras, Laura Casal e Julia González, proceden da consultora de riscos MatErh

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Ourense, 5 de febreiro do 2025 || No actual contexto dixital e normativo, a correcta xestión dos datos persoais no ámbito dos Recursos Humanos converteuse nun aspecto clave para as empresas, en maior medida se se teñen en conta as continuas actualizacións normativas experimentan. Co obxectivo de abordar a situación desta materia e garantir o cumprimento da lexislación vixente, CEO e Abanca celebraron esta mañá unha nova sesión en liña de Nexos Encontros por Ourense, na que expertas da consultora MatErh abordaron os aspectos fundamentais da protección de datos na xestión de persoas candidatas e empregadas.

O webinar Boas prácticas na xestión de datos persoais nos departamentos de Recursos Humanos foi introducido por Marisol Novoa, presidenta da CEO, e Mateo Alonso, coordinador de Banca Institucional de Abanca. Ambos coincidiron no completo repertorio de temas que estas cápsulas informativas han desenvolto desde os seus inicios hai anos, e apostaron por continuar a colaboración para ‘poder seguir informando de todas as novidades relacionadas coa xestión empresarial’ en palabras de Marisol Novoa.

Laura Casal, directora da área de Consultoría de riscos e Julia González, consultora de riscos de MatErh analizaron durante a sesión os distintos tipos de datos persoais que poden ser tratados en Recursos Humanos, tanto no caso de candidatos (datos identificativos, académicos, profesionais etc.)/ etc.) como no de traballadores (datos bancarios, de emprego, seguros, entre outros); e destacaron a importancia do deber de información, recollido no Regulamento Xeral de Protección de Datos, que obriga ás empresas para informar aos interesados. As relatoras tamén repasaron os principios esenciais para o tratamento de datos persoais no ámbito laboral, recollidos na normativa aplicable nesta materia, e entre os que destacaron a licitud, lealdade e transparencia; a minimización de datos; a exactitude e actualización; a limitación do prazo de conservación e a seguridade da información.

En canto á xestión e tratamento de datos no desenvolvemento da relación laboral, no webinar abordáronse temas clave como o rexistro da xornada a través dun sistema o menos invasivo posible e que evite o uso de datos biométricos, salvo excepcións. Igualmente, explicaron outros aspectos como o proceso correcto para a recepción de currículos de candidatos e a cesión de datos a terceiros, xustificada e suxeita a principios de necesidade; ou cando é viable o control empresarial mediante a monitorización de dispositivos ou a videovixilancia e xeolocalización, sempre cunha base xurídica de interese lexítimo e en casos proporcionais e xustificados.

Para terminar, as expertas lembraron que, ao finalizar a relación laboral, os datos deben eliminarse ou bloquearse, manténdose unicamente aqueles que a normativa esixe conservar durante un tempo determinado, por exemplo, tres meses para os correos electrónicos corporativos.

En definitiva, o cumprimento da normativa de protección de datos non só é unha obrigación legal, senón que fortalece a confianza e transparencia dentro das organizacións. Por tanto, as empresas deben adoptar políticas e medidas adecuadas para garantir o uso correcto e seguro da información persoal dos seus empregados e candidatos, minimizando os riscos de incumprimento.